Mesa oficial #CocidoDay en Santiago de Compostela

O Dezaseis é un clásico de Compostela. Na rúa de San Pedro instálase desde fai máis de 20 anos esta recoñecida casa de xantar. Descender os chanzos é baixar a outro mundo, un mundo onde a atención, a compañía e o viño crean unha atmósfera incomparábel entre a pedra e a madeira.

  restaurante-o-dezaseis
A cociña, apta para todo o mundo, tamén xoga un papel importante e onde as carnes, os peixes, a horta e o polbo teñen un oco fundamental na carta. Un mundo aparte son as sobremesas -todas caseiras- e que deixan un bo regusto, só na espera dun licor café. A relación calidade-prezo está fóra de toda dúbida.

O DEZASEIS, CASA DE XANTAR

logo-odezaseis

O seu comedor é visitado por moitísima xente. Do mundo da cultura, do mundo empresarial, da clase política e do turismo. Españois ou estranxeiros, peregrinos ou turistas. Esa é unha fortaleza de Suso, Gonzalo, Vítor e compañía.